miércoles, 5 de noviembre de 2014

Thomas
perder o ollo e contradicir a materia extensa.

Pode tamén
un esteiro.

Thomas
introdución da cociña
subsolo
(unha cociña presenta
globos como espazo negativo-antigravitatorio)
método acuático
un nós-desprazamento

e a tempestade
ou a ausencia de órganos
Thomas
especificamente autoimpostos
para nadar.

Pode tamén
a pel anfibia do inmoble onde as proxeccións corporais
articulan distinto eixe
ou tan só permanecer.

[Neno 1]

EXCERPTO DA SEGUNDA DISOCIACIÓN

Amodo

aquilo tan estranxeiro a min que me
conforma cando

a moeda

se pecha na pálpebra e todo recobra o
o seu estádio
primixénio

encaixa o remo na
man de Caronte.

Medra o amorodo

e fito a terra amasando o nome sen
sen pronuncialo
e o
ceo pecharse en min,

o home que foxe e se adentra
no Océano

cos pulmóns cargados de fume
azul e verde

e a boca
moi aberta.

O medo

a pulsar o silencio unha e outra vez até
romper a súa tecla.

[Neno 2]

EXCERPTO DA PRIMEIRA DISOCIACIÓN


- Como me gustaría ser ti neste momento.
- A min tamén.

a horizontalidade latente
nas árbores que son coitelos enfundados
os días de néboa

a incertidume da lesma antes de espachurrarse e
e a velocidade contida da mosca pousada na punta do
narís

(as vespas afían os seus aguillóns
cargando coa cruz da barbarie)


e eu tan singular vinme plural,
desdobrados en dúas metades que son unha:

O embigo do elefántico
rei de nada.

[Neno 2]

[PARA RECREARTE NA ENFERMIDADE...]

Para recrearte na enfermidade
os meus consellos son (cinco)

no primeiro e derradeiro
procura vivir en perpetuo xaque mate

e galopar (catro) cabalos brancos comendo a
raíña negra no seu cordial
saúdo

-é preciso unha bata e media de veludo vermello,
dous calcetíns dos de facer ioga en cada pé esquerdo e
saber xogar ás damas-

incluso se aquí o inquilino persiste sé

incluso a triangulación (tres) do símbolo
do músculo dos xémeos (dous)

tal e como o faría o corredor de fondo (un), fumando ás portas
do Hospital.

Observo a inmolación do Sol nacente
caendo dentro dun vaso de leite;
recollendo o cabelo coa parsimonia do
ataúde e fitando a lámpada sen medo a queimalos ollos
da vertixe

[Neno 5]

ASCENDER AO MIRADOR DOS MARCOS PUNZANTES

Aquí
introducimos o bico nun grandioso tobo
(é un monte habitado por cánidos salvaxes
o gatear dunha lámina).

Hai anos que sei do mirador,
que a luminiscencia permanece
-lingua palidísima
e non así os lobos estenden o seu peso
feroz ou iris
quebrando cada ápice do raio
da lobeira
do visgo.

Comezamos a falar de misericordia

tres filamentos susceptibles de nos cortar
na estadía

obedecen.

[Neno 3]